Foga

FRONTE OBREIRA GALEGA

A Fronte Obreira Galega e un partido formado por traballadoras e traballadores vencellados o movemento nacionalista galego. Procedemos de diversos eidos políticos, sindicais, culturais, etc. Creemos nunha sociedade diferente, fundamentada nos principios e bases da participación o pluralismo e o asemblearismo, cun referente único e claro: a defensa da clase traballadora e a conquista dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

A Fronte Obreira Galega como colectivo de homes e mulleres tentamos abrir un espazo de debate desde a esquerda nacionalista, recuperando os valores do pluralismo, participación, nacionalismo, debate e asemblearismo, sen sectarismos nin dirixismos facendo das asembleas órganos de decisión e debate.

Aspiramos a organizarnos nunha estrutura de masas que actúe sobre a sociedade e movementos consolidados, condicionando os puntos de vista políticos, ideolóxicos e económicos.