O BNG chama a apoiar o comercio local de Vigo e anima a mercar produtos galegos

O candidato do BNG á alcaldía, Xabier P. Igrexas, demanda que se declare a cidade “saturada de grandes áreas comerciais”, se reduza a fiscalidade do pequeno comercio e o Concello realice campañas de promoción durante todo o ano.

O deputado Luís Bará, contrapón a aposta do Bloque polo comercio local fronte a un PP “que actúa de cabalo de Troia das multinacionais”
O BNG realizou esta mañá no Calvario un reparto encadrado na campaña que a formación nacionalista está a desenvolver todo o País en apoio do comercio local. Durante o reparto, no que participaron o candidato á alcaldía, Xabier P. Igrexas, o deputado no Parlamento galego, Luís Bará, o Bloque demandou que tanto a Xunta como o Concello de Vigo poñan en marcha políticas para dinamizar o desenvolver o pequeno e mediano comercio.

“Desde o BNG apostamos polo comercio local, tradicional, de proximidade fronte a un PP que actúa como cabalo de Troia das multinacionais do sector e usa e abusa da lei para implantar grandes superficies comerciais”, declarou o Luís Bará. O deputado nacionalista reiterou o rexeitamento da fronte nacionalista aos proxectos de Porto Cabral ou o grande centro comercial que o Celta pretende instalar en Mos.

Máis información: