As Urxencias Extrahospitalarias anuncian folga indefinida

Desde hoxe luns 7 de xaneiro de 2019 os PAC´s (Puntos de Atención Continuada) inician unha folga indefinida, xa que “despois de múltiples intentos de diálogo co SERGAS e dúas folgas parciais seguimos sen ningún achegamento por parte da Administración”.
Os PAC son, en palabras do mesmo Sergas, “un recurso do Servizo Galego de Saúde orientado a garantir unha asistencia sanitaria permanente e ininterrumpida, para poder atender en cualquera momento as demandas asistenciais que puideran producirse. Os PAC, ou tamén Urxencias Extrahospitalarias, teñen unha alta capacidade resolutiva”. Na EOXI de Vigo hai un total de 10 Puntos de Atención Continuada.
O Comité de Folga non fóra convocado durante este período “para negociar unha saída ao conflito”, subliñan os sindicatos. As peticións do colectivo seguen a ser os mesmos: “A retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria, equipos completos enfermaría-médica, revisión de plans funcionais, valoración de riscos e equipos de protección acorde ao traballo que desenvolvemos ou un cómputo de xornada correcto onde os permisos e as baixas nos compute neutro a efectos de xornada…”

Máis información: