A CIG aposta pola mobilización para recuperar dereitos laborais e salariais

Exixe a derrogación da reforma laboral para frear o medre da pobreza e das desigualdades.

A CIG presentou esta mañá, en rolda de prensa, o Informe de Rendas Salariais do último ano, no que se constata o medre das desigualdades e da precariedade; a perda de capacidade adquisitiva da clase traballadora, por mor do modelo económico e de relacións laborais nacido das diferentes reformas laborais aprobadas desde o 2010, nomeadamente a de 2013, que supuxeron un duro ataque ao dereito á negociación colectiva e tiveron consecuencias alarmantes no mercado laboral, xeneralizándose os empregos mal pagados e de escasa duración, onde unha de cada cinco persoas asalariadas apenas chega ós 2.000 euros brutos anuais ou onde un terzo da poboación ingresa, como máximo, o SMI….

Máis información:


As Urxencias Extrahospitalarias anuncian folga indefinida

PACs en pé de guerra/ Miguel Núñez Xornal de Vigo

Desde hoxe luns 7 de xaneiro de 2019 os PAC´s (Puntos de Atención Continuada) inician unha folga indefinida, xa que “despois de múltiples intentos de diálogo co SERGAS e dúas folgas parciais seguimos sen ningún achegamento por parte da Administración”.
Os PAC son, en palabras do mesmo Sergas, “un recurso do Servizo Galego de Saúde orientado a garantir unha asistencia sanitaria permanente e ininterrumpida, para poder atender en cualquera momento as demandas asistenciais que puideran producirse. Os PAC, ou tamén Urxencias Extrahospitalarias, teñen unha alta capacidade resolutiva”. Na EOXI de Vigo hai un total de 10 Puntos de Atención Continuada.
O Comité de Folga non fóra convocado durante este período “para negociar unha saída ao conflito”, subliñan os sindicatos. As peticións do colectivo seguen a ser os mesmos: “A retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria, equipos completos enfermaría-médica, revisión de plans funcionais, valoración de riscos e equipos de protección acorde ao traballo que desenvolvemos ou un cómputo de xornada correcto onde os permisos e as baixas nos compute neutro a efectos de xornada…”

Máis información:

O BNG chama a apoiar o comercio local de Vigo e anima a mercar produtos galegos

O BNG chama a apoiar o comercio local de Vigo e anima a mercar produtos galegos

O candidato do BNG á alcaldía, Xabier P. Igrexas, demanda que se declare a cidade “saturada de grandes áreas comerciais”, se reduza a fiscalidade do pequeno comercio e o Concello realice campañas de promoción durante todo o ano.

O deputado Luís Bará, contrapón a aposta do Bloque polo comercio local fronte a un PP “que actúa de cabalo de Troia das multinacionais”
O BNG realizou esta mañá no Calvario un reparto encadrado na campaña que a formación nacionalista está a desenvolver todo o País en apoio do comercio local. Durante o reparto, no que participaron o candidato á alcaldía, Xabier P. Igrexas, o deputado no Parlamento galego, Luís Bará, o Bloque demandou que tanto a Xunta como o Concello de Vigo poñan en marcha políticas para dinamizar o desenvolver o pequeno e mediano comercio.

“Desde o BNG apostamos polo comercio local, tradicional, de proximidade fronte a un PP que actúa como cabalo de Troia das multinacionais do sector e usa e abusa da lei para implantar grandes superficies comerciais”, declarou o Luís Bará. O deputado nacionalista reiterou o rexeitamento da fronte nacionalista aos proxectos de Porto Cabral ou o grande centro comercial que o Celta pretende instalar en Mos.

Máis información: