Estatutos

CAPÍTULO PRIMEIRO
DENOMINACIÓN, FINS, ENDEREZO

Artigo 1: Denominación

O amparo dos artigos 6º da Constitución Española e 1º da Lei Orgánica, 6/2002, de 27 de xuño, de Partidos Políticos, constitúese o Partido Político denominado FRONTE OBREIRA GALEGA, cuxas siglas son F.O.G A e sendo o símbolo do partido puño pechado saíndo dun grupo de persoas sobre o fondo dunha bandeira de Galicia con unha estrela vermella de 5 puntas.

Artigo 2: Ameto e fins

Fronte Obreira Galega, desenrola a súas actividades no territorio nacional de Galiza e en xeral onde é necesario para acadar seus obxectivos. Constituído democraticamente para contribuír a determinación da política, a formación da vontade política da cidadanía, así como promover súa participación nas institucións representativas de carácter político mediante a presentación e apoio de candidatos nas correspondentes eleccións en base os seguintes fins específicos:

Democracia, Pacifismo, Ecoloxismo, Socialismo, Defensa da Identidade Nacional de Galicia e do Idioma Galego.

Artigo 3: Enderezo

O enderezo social do Partido Político Fronte Obreira Galega (en siglas FOGA ),establecese en: Rúa San Roque numero 53- 3º B Vigo, Pontevedra.

O enderezo poderá ser modificado por acordo da Dirección Nacional.

CAPÍTULO SEGUNDO
AFILIADOS/AS, DEREITOS E DEBERES

Artigo1: Afiliados/as

Poderán ser afiliados/as da Fronte Obreira Galega, as persoas físicas maiores de idade, e que non teñan limitada ou restrinxida a súa capacidade de obrar, así como os cidadáns estranxeiros cando a normativa vixente o permita.

Artigo 2: Admisión

A calidade de membros/as do partido adquírese a solicitude do interesado/a por acordo da Dirección Nacional. Si esta o estima oportuno, requirirase como requisito para a admisión o aval de dous afiliados/as do partido.

Existirá no partido un libro de Rexistro de Afiliados/as, onde constaran os datos de altas e baixas definitivas.

Artigo 3: Dereitos dos afiliados/as

1.- A participar nas actividades do partido e nos órganos de goberno e representación, a exercer o dereito de voto, así como asistir a Asemblea Xeral e asembleas extraordinarias, de acordo cos estatutos.

2.- Acudir a Comisión de Garantías para a defensa dos dereitos dos afiliados/as a FOGA.

3.- A ser electores e elixibles para os cargos do mesmo.

As eleccións a que se refire os puntos 1 e 3 realizaranse mediante procedementos de votación que garantisen a liberdade e o carácter secreto do voto.

4- A ser informados/as acerca da composición dos órganos directivos e de administración ou sobre as decisións adoptadas polos órganos directivos, sobre as actividades realizadas e sobre a situación económica.

5.- A impugnar os acordos dos órganos do partido que estimen contrarios a Lei ou os Estatutos.

6.- Militancia noutras organizacións políticas sempre que seu ameto e fins sexan coincidentes cos da Fronte Obreira Galega, especificados no capitulo primeiro artigo segundo destes estatutos.

Artigo 4: Obrigas dos afiliados/as

1.- Compartir as finalidades do partido e colaborar para a consecución das mesmas.

2.- Respectar o disposto nos estatutos e nas leis.

3.- Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos directivos do partido.

4.- Abonar as cotas e outras aportacións que, de acordo cos os estatutos poidan corresponder a cada un/unha.

Artigo 5: Baixa do afiliado/da

Calquera afiliado/da do partido poderá cesar no mesmo libremente mediante a oportuna comunicación por escrito.

CAPÍTULO TERCEIRO
DO RÉXIME DE GARANTÍAS E SANCIÓNS

Artigo 1: Comisión de Garantías

A Comisión de garantías e o organismo encargado da defensa e garantía dos dereitos das persoas afiliadas e de velar polo respecto as normas de funcionamento da FOGA.

Os seus membros serán elixidos pola Dirección Nacional entre as persoas que non pertenceren a propia Dirección.

As súas funcións son:

1 Asegurar e facer cumprir os dereitos da militancia por parte dos restantes órganos e cargos da FOGA.

2 Ditaminar se as sancións ou medidas disciplinarias que se aplicaren se axustan ou non aos principios organizativos e ao ordenamento estatutario da FOGA.

3 Velar polo cumprimento e pola execución dos acordos da Asemblea Xeral en comunicación coa dirección política da FOGA.

A Comisión de Garantías estará integrada por 4 membros titulares e 2 suplentes; para súa elección por parte da Dirección Nacional será preciso o voto afirmativo da maioría absoluta sos membros do organismo.

As persoas suplentes substituirán por orde de designación as titulares que dimitiren ou causaren baixa na Comisión de Garantías.

Nas resolucións da Comisión de Garantías será necesario o voto afirmativo dunha maioría dos 2/3 dos membros do organismo. No caso de que calquera persoa afiliada a FOGA, en defensa dos seus dereitos estatutarios e ao abeiro do previsto nestas Normas de funcionamento, acuda a Comisión de Garantías solicitando a defensa e amparo dos seus dereitos como afiliada, esta comisión demandará das persoas interesadas, así como dos órganos correspondentes implicados, os informes e/ou alegacións, que deberán ser entregadas a comisión no prazo máximo de 15 dias desde a solicitude. A Comisión de Garantías poderá, ademais, solicitar a comparecencia das persoas interesadas e as aclaracións ou informes complementarios que estimar oportuno. Estas demandas atenderanse sen dilación.

O prazo para a resolución destas solicitudes será dun mes desde o comezo da instrución e será comunicada por escrito ás persoas interesadas.

Artigo 2: Réxime disciplinario

A expulsión e as medidas sancionadoras que impliquen privación de dereitos a os afiliados/as so poderán imporse mediante procedementos contraditorios, nos que se garantise os afectados os dereitos a ser informados dos feitos que dan lugar a tales medidas, o dereito a ser oídos con carácter previo a adopción das mesmas, o dereito a que o acordo que impoña un ha sanción sexa motivado, e o dereito a formular, no seu caso, recurso interno.

O afiliado/da que incumprise cos seus deberes para co partido ou que ca súa conduta pública ou privada menoscabe ou atente contra os principios do partido, será obxecto do correspondente expediente disciplinario do que se lle dará audiencia de acordo o seguinte procedemento:

A Dirección Nacional resolverá o que proceda.

As infraccións poderán ser moi graves, graves e leves. Serán tipificadas como infraccións (moi graves, graves e leves) as seguintes:

1 Considéranse faltas moi graves

1 O incumprimento reiterado dos acordos adoptados polos órganos de dirección do partido.

2 Defender publicamente opcións opostas os principios ideolóxicos do partido.

3 A documentación indebida de documentación a que se teña ou aia tido acceso.

4 Incorrer en calquera forma de corrupción.

5 A ameaza verbal ou agresión física calquera afiliado/da ou simpatizante.

6 Haber sido condenado por sentencia xudicial por delitos relacionados coa corrupción.

2 Considéranse faltas graves

1 Suplantar ou atribuírse cargos ou funcións de calquera clase que non lle corresponden.

2 Impedir a calquera afiliado/da o exercicio dos seus dereitos.

3 A falta de asistencia reiterada as xuntanzas as que teñan sido convocados/das.

3 Considéranse faltas leves

1 Actuar con neglixencia no exercicio das funcións que lles houbera encomendado o partido.

2 Alterar o orde en calquera das xuntanzas do partido, así como desoír as indicacións de quen presida as mesmas.

3 O non pago de o menos tres cotas durante un ano natural.

As sancións que poden ser impostas segundo acordo da Dirección Nacional son:

4 Para faltas moi graves:

a) Suspensión de militancia polo tempo que determine a Dirección Nacional.

b) Inhabilitación para desempeñar cargos no seno do partido ou en representación deste.

c) Suspensión de militancia.

d) Suspensión cautelar automática da afiliación dos afiliados metidos nun proceso penal respecto dos cales se aia ditado auto de apertura de xuízo oral ou por delito relacionado coa corrupción.

e) Haber sido condenado por sentenza xudicial por delitos relacionados coa corrupción, aplicaráselle a sanción de expulsión e baixa definitiva da FOGA.

  1. Para faltas graves:

a) Apercibimento de sanción a,b,c do apartado de faltas moi graves.

b) A partir do terceiro apercibimento considerarase falta moi grave e se sancionará en consecuencia .

6 Para faltas leves:

a) Apercibimento de sanción a,b,c do apartado de faltas moi graves.

b) A partir do quinto apercibimento se considerará falta moi grave e se sancionará en consecuencia.

Artigo 3: Procedemento disciplinario

1 O procedemento disciplinario iniciarase por parte do responsábel da localidade á que pertenceren as persoas afiliadas obxecto de expediente . No caso de ser competencia da Dirección Nacional, será a persoa responsábel da area de organización, ou no caso de incompatibilidade, a persoa que designe a Dirección Nacional entre os membros da propia Dirección Nacional.

2 A apertura do expediente disciplinario será comunicada por escrito de forma fidedigna á(s) persoa(s) interesada(s), indicando as accións por que se consideran vulnerados os principios da FOGA. Neste escrito ademais, designarase unha persoa instrutora e outra como secretaria do expediente, que haberán de ser militantes da FOGA dunha localidade distinta á que pertenza a(s) persoa(s) afiliada(s) contra quen se inicia o expediente.

En todo caso acordarase a suspensión cautelar automática da afiliación a FOGA de aquelas persoas afiliadas inmersas nun proceso penal respecto dos cales se alla ditado auto de apertura de xuízo oral polos delitos relacionados ca corrupción.

3 A(s) persoa(s) afiliada(s) terá(n) un período mínimo de sete días e máximo de quince días para alegar o que considere(n) conveniente e achegar as probas na súa defensa que, en caso de necesitar un período de práctica , non poderá estenderse por un período superior a sete días.

4 Unha vez practicadas as probas, a persoa instrutora deberá formular a súa proposta de resolución no prazo de sete días, que será trasladada á persoa afiliada, que poderá formular de novo alegacións por un prazo máximo de sete días.

5 A persoa instrutora remitirá o expediente así tramitado ao órgano competente para a súa resolución no prazo máximo de tres días desde a culminación do último trámite.

6 A resolución será motivada e notificada á persoa interesada, que poderá interpor os recursos previstos nestas Normas de Funcionamento. Unha vez esgotadas as vías de impugnación, en todo caso, a(s) persoa(s) interesadas poderá(n) apelar á Comisión de Garantías Disciplinarias no prazo dun mes desde a súa notificación.

CAPÍTULO CUARTO
DO ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN, GOBERNO E ADMINISTRACIÓN

Artigo 1: Órganos do Partido

A estrutura interna e o funcionamento do partido basease en principios democráticos. Son órganos do partido os seguintes:

A Asemblea Xeral de afiliados/as

A Dirección Nacional

A Asemblea Local

Artigo 2: Asemblea Xeral

A Asemblea Xeral está constituída polo conxunto dos seus membros, que poderán actuar directamente ou por medio de compromisarios. Esta deberá xuntarse de maneira ordinaria cada ano mediante chamamento da Dirección Nacional e de maneira extraordinaria cando esta mesma dirección o decida. Os acordos que a Asemblea Xeral de afiliados/as determine consideraranse efectivos cando o decida un mínimo da metade mais un dos asistentes.

Son funcións especificas da Asemblea Xeral a aprobación dos principios políticos e organizativos e das normas de funcionamento da FOGA e calquera modificación que se introduza nestas, así como marcar as liñas estratéxicas que a FOGA debe seguir.

Coñecer o estado de contas e aprobalo si proceder

Artigo 3: Elección de órganos e cargos pola Asemblea Xeral

Con carácter xeral a elección dos órganos de dirección nacional da FOGA será realizada nas asembleas nacionais ordinarias. No entanto, poderá tamén ser feita nas asembleas nacionais extraordinarias cando foren convocadas para a realización dun debate xeral ou cando a situación da organización así o aconsellar, a xuízo da Dirección Nacional.

A elección dos 25 membros da Dirección Nacional , escollidos pola Asemblea Xeral, Presidente, Secretario, Tesoureiro se efectuarán a través do sistema de candidatura conxunta ou por listaxes pechadas.

A Dirección Nacional saínte poderá facer unha proposta de candidatura para os 25 membros para elixir directamente pola Asemblea Xeral. Parar estes efectos, as asembleas locais incluirán un punto na orde do dia relativo as propostas de persoas dentro do ámbito de cada localidade para ter en conta a elaboración desta candidatura. As propostas serán remitidas a Dirección Nacional para que unha comisión deste organismo elabore a proposta de candidatura.

Alén do establecido do establecido no paragrafo anterior, manterase a designación directa de integrantes da Dirección Nacional por cada asemblea local conforme estas normas.

A candidatura conxunta será sometida a votación da Asemblea Xeral, que resultará aprobada de obter máis votos a favor que en contra.

Cando a elección for con mais de unha candidatura presentada, realizarase por votación entre elas, e procederase a unha distribución directamente proporcional aos votos acadados por cada listaxe. Para setes efectos, poderase presentar unha candidatura que conte, como mínimo, co 30 % dos postos para cubrir.

Garantirase ás candidaturas a igualitaria publicidade e coñecemento das listaxes, mediante a inserción do mesmo espazo e difusión nos órganos de expresión da FOGA, nos documentos presentados á militancia, nas asembleas locais e na Asemblea Xeral.

Artigo 4: Convocatoria

A Asemblea Xeral celebrarase con carácter xeral unha vez o ano, debendo convocarse con unha antelación de un mes . A Dirección Nacional órgano responsable da súa convocatoria, elaborará o orde do dia, calquera afiliado/a que queira incluír un punto no mesmo, deberá presentar un aval de alo menos 25 afiliados.

Artigo 5: Dirección Nacional

Estará constituída polos seguintes cargos:

Presidente/a

Secretario/a

Tesoureiro/a

Representante Xeral

Os 25 membros elixidos pola Asemblea Xeral

A elección dos órganos directivos será provista mediante sufraxio libre e segredo. A duración do mandato será de 4 anos pero terán que ser ratificados anualmente pola Asemblea Xeral de afiliados .

Xuntarase ordinariamente unha vez o mes a convocatoria do Presidente, quen convocará con quince dias de antelación.

Con respecto o orde do dia será elaborado polo Presidente, Tesoureiro, Representante Xeral e Secretario. Calquera membro da Dirección Nacional poderá incluír un punto no Orde do dia, con unha antelación mínima de unha semana.

1 Son funcións especificas da Dirección Nacional:

a) Convocar a Asemblea Xeral.

b) Elixir a Comisión de Garantías.

c) Definir a política de alianzas a todos os niveis.

d) Designar, aplicando os procedementos provistos nestas normas:

1 A persoa(s) ou o órgano que ostentará a representación xurídica e legal da FOGA.

2 A persoa(s) integrante(s) do órgano responsable da xestión económico-financeira da FOGA.

3 As persoas integrantes do órgano de prevención e supervisión normativa previsto no artigo 9 bis da Lei de Partidos Políticos.

Artigo 6: Dirección Nacional

A Asemblea Local é o órgano básico da organización territorial da FOGA. Calquera persoa afiliada a FOGA estará encadrada nunha asemblea local.

A elección do ou da responsable, será provista mediante sufraxio libre e segredo. A duración do mandato será de 4 anos, pero deberán ser ratificados bianual mente, pola propia Asemblea local.

A Asemblea Local xuntarase, con carácter mensual a convocatoria do/da responsable local, quen convocará con 10 dias de antelación. Se poderá xuntar con carácter extraordinario a convocatoria da persoa responsable local ou a solicitude de 1/3 dos membros da Asemblea Local.

Con respecto o Orde do dia será elaborado polo/a responsable local e os responsables de Areas de traballo. Calquera membro da asemblea local poderá incluír un punto no Orde do dia con unha antelación mínima de unha semana.

Son funcións especificas da Asemblea local as seguintes:

Executar e concretar as liñas de actuacións política a nivel local.

Convocar as asembleas locais

Aprobar o Orzamento e a rendición de contas de cada exercicio para seu envío a Dirección Nacional.

Aprobar os plans de traballo, areas de responsabilidade e nomeamento das persoas responsables destas.

Aprobar, si procede, as peticións de alta a FOGA.

Será a Dirección Nacional, o órgano encargado de aprobar a constitución de asembleas locais, atendendo a criterios de base militante, necesidade política e capacidade organizativa.

De non poder constituírse unha asemblea local, as persoas afiliadas estarán integradas na asemblea local mais próxima ou varios concellos limítrofes poderán constituír unha única asemblea local mentres non acaden dimensión suficiente. Será en todo caso, a Dirección Nacional o órgano facultado para adoptar este ordenamento.

Artigo 7: Funcionamento dos órganos en xeral

Todas as decisións dos diversos órganos da FOGA serán adoptadas por maioría simple das persoas presentes.

As reunións de todos os órganos da FOGA deben ser convocadas por escrito e deberán incluír na convocatoria a orde do dia.

Nos distintos órganos colexiados, antes de proceder á votación dos asuntos da orde do dia, deberá expoñerse razoadamente a proposta que se somete a votación e, posteriormente, habilitar unha quenda de intervencións onde se detallen, en primeiro lugar os argumentos en contra da totalidade da proposta e, en segundo termo, as achegas e suxestións de modificación ou supresión parcial da proposta. No caso de propostas cuxo contido se distribúa con antelación á xuntanza do órgano, poderán tamén presentarse as propostas alternativas antes do debate e, nese caso, distribuiranse previamente ao inicio da sesión a todos os membros do órgano.

No caso de que a proposta se formule na propia sesión do órgano, haberá unha quenda para as persoas participantes presenten alternativas, a totalidade ou en parte.

As quendas de intervencións permitirán en todo caso, que as persoas que formulen alternativas podían expoñelas directamente no órgano, e posteriormente, unha vez fixada a posición polas persoas propoñentes, que calquera membro do órgano poida intervir para expresar a súa opinión.

En todo caso, as decisións dos órganos das estruturas locais poderán impugnarse, no prazo xeral de quince dias naturais desde súa adopción ou constancia por parte da persoa interesada ante a asemblea local correspondente, as decisións da Dirección Nacional ante a propia Dirección Nacional.

Ante calquera reclamación, o órgano competente para resolver demandara das persoas interesadas, así como dos órganos correspondentes implicados os informes e/ou alegatos, que deberán ser entregados no prazo máximo de quince dias desde a solicitude. Ademais poderá solicitar a comparecencia das persoas interesadas e as aclaracións ou informes complementarios que estime oportuno. Estas demandas atenderanse sen dilación.

No prazo para a resolución destas solicitudes será dun mes desde o inicio da instrución e será comunicada por escrito as persoas interesadas.

Darase publicidade de seus acordos o conxunto dos seus membros.

Artigo 8: Control democrático de dirixentes e cadros políticos

As persoas que desempeñaren cargos orgánicos, representativos e as que foren cargos políticos da FOGA deberán someterse á rendición de contas e control democrático, a través da súa presenza e comparecencia perante os órganos da FOGA, cando foren requiridas para iso.

Para estes efectos, a comparecencia será acordada no ámbito local correspondente, e no caso de cargos da Dirección Nacional ou representantes electos cuxa designación corresponda a Dirección Nacional será acordada pola Dirección Nacional.

Despois da comparecencia, o órgano competente adoptará a resolución que se propoña ao órgano, por maioría das persoas presentes, e respectando as regras de deliberación e acordo xeral prevista para os órganos colexiados prevista nestes Estatutos.

CAPÍTULO QUINTO
RÉXIME ECONÓMICO E PATRIMONIAL

Artigo 1: Recursos económicos

O réxime económico e financeiro axustarase ao establecido na normativa orgánica sobre financiamento de partidos políticos.

As obrigas contábeis que permitan facer seguimento en todo momento da situación económica-financeira da FOGA serán as que establece o Titulo IV da Lei Orgánica 8/2007, do 4 de xullo, de financiamento de partidos políticos.

A contabilidade local levarase de acordo coas indicacións do órgano responsábel da xestión económico-financeira. En todo caso, será preceptiva a existencia e levanza dos libros contábeis previstos na normativa aplicábel, o estabelecemento dun sistema de control interno de intervención e contabilización dos actos económicos de acordo co artigo 14 da Lei Orgánica 8/2007, do 4 de xullo, de financiamento de partidos políticos e, en todo caso da emisión de partes de finanzas mensuais que darán conta dos movementos de gastos e ingresos da localidade, de que se informará ao consello e asemblea correspondente

Anualmente na web da FOGA publicaranse ao mes seguinte desde seu envío ao tribunal de contas o balance, a conta de resultados e os créditos pendentes de amortización indicando a entidade financeira, o importe dos préstamos , xuros e o prazo de amortización. Ademais publicarase na web a concesión de subvencións , doazóns e legados por importe superior a 25.000 euros/ano, con referencia á persoa outorgante.

Unha vez emitido, no seu caso, o informe polo Tribunal de Contas da fiscalización realizada, publicarase na web dentro dos quince dias despois da súa recepción.

Ao abeiro do establecido no artigo 14 bis da Lei Orgánica 8/2007 do 4 de xullo, de financiamento de partidos políticos, a Dirección Nacional, Despois de cada Asemblea Xeral designará a persoa responsábel da xestión económico-financeira da organización, que velará pola correcta levanza das finanzas, da contabilidade e da súa rendición nos termos previstos nestes Estatutos e na normativa vixente de aplicación.

En especial, ademais das funcións reguladas no apartado catro do artigo citado, será a persoa responsábel directa de autorizar os gastos efectuar os pagamentos que se acordaren con cargo ao orzamento nacional, e supervisar as autorizacións e pagamentos dos orzamentos locais, e poderá designar e autorizar as persoas habilitadas nas contas bancarias abertas a nome da FOGA.

No caso de renuncia ou vacante, a Dirección Nacional deberá designar a persoa substituta na sesión inmediatamente posterior a se producir.

A persoa responsábel da xestión económico-financeira, ademais de estar asistida pola estrutura que determine a área de organización e/ou finanzas da Dirección Nacional, velará pola existencia e polo funcionamento adecuado do sistema de control interno de intervención e contabilización dos actos e dereitos económicos da catividade da FOGA.

O partido poderá adquirir administrar e enaxenar os bens e dereitos que resulten necesarios para o cumprimento dos seus fins. Os recursos económicos do partido están constituídos por :

a) As cotas e apartacións dos seus afiliados/as

b) Os rendementos do seu propio patrimonio

c) Os cretos que concerten. As herdanzas, legados ou doazóns que reciban

d) Calquera outros ingresos que reciban de conformidade co disposto no Titulo IV da Lei Orgánica 8/2007, de 4de xullo, sobre financiamento de partidos políticos.

Artigo 2: Comisión de Prevención e Control Interno

Para os efectos do previsto no artigo 9 bis da Lei Orgánica 6/2002, do 27 de xuño, de partidos políticos, crease unha Comisión de prevención e Control Interno, que terá como misión principal evitar conductas e actuacións que implicaren riscos reputacionais e penais para a organización. Esta comisión terá as seguintes funcións:

a) Realizar un Manual de actuacións permanente de obrigas normativas e legais que afectaren a FOGA.

b) Efectuar a autoavaliación periódica do cumprimentos destas obrigas.

c) Informar aos órganos de dirección nacionais e locais das obrigas normativas.

d) Fomentar o coñecemento, a aplicación da normativa de aplicación, así como as normas de conduta éticas que aprobar a FOGA para os seus membros e cargos.

e) Asesorar e propor os procedementos para a avaliación, a xestión e a prevención de riscos ante conductas contrarias ao ordenamento xurídico.

f) Monitorizar e realizar o seguimento dos procesos de control internos e de xestión.

A Comisión de Prevención e Control Interno estará integrada por 3 persoas , designadas pola Dirección Nacional entre persoas con coñecemento e experiencia nas materias relacionadas coas súas funcións. A súa designación será efectuada entre persoas que non desempeñaren cargos orgánicos ou de representación na FOGA. Así mesmo, serán designadas tres persoas suplentes para os casos de renuncia ou vacante.

A Comisión renderá contas da actividade á Dirección Nacional. A súa actividade levarase a termo de acordo cun Programa Anual, elaborado pola propia Comisión.

Artigo 3: Representante Xeral

A persoa Representante Xeral da Fronte Obreira Galega (FOGA) será designada pola Dirección nacional, e terá poder para representar administrativa e xudicialmente á organización política, proceder á apertura de contas correntes e autorizar a disposición de fondos sen prexuízo das competencias do órgano responsábel da xestión económico-financeira, contratar persoal, negociar e asinar pólizas, préstamos e créditos bancarios, adquirir bens, conceder poderes e calquera outra función que lle recoñecer expresamente a Dirección Nacional.

Artigo 4: Procedemento de rendición de contas. Administración, fiscalización e control

A administración, fiscalización e control do seu réxime económico e patrimonial realizarase de acordo as seguintes normas: A dirección nacional elaborará orzamentos, a duración do exercicio económico será dun ano natural. Os Orzamentos serán aprobados pola asemblea xeral de afiliados/as .

A modo de control interno, a xunta directiva debe presentar un informe bimensual no que se reflicta da xeito adecuado calquera tipo de movemento económico.

Artigo 5: Réxime documental, Obrigacións contables

O partido levará, ademais do Libro de Afiliados/as, os Libros de Actas, de Contabilidade, de Tesourería, e de Inventarios e Balances, cuxo contido fixarase regulamentariamente e que permitan en todo momento coñecer súa situación financeira.

A contabilidade adecuarase a os principios e normas de contabilidade xeralmente aceptados.

Artigo 6: Sede Electrónica

O sitio web do partido político Fronte Obreira galega (en siglas FOGA) é www.Foga.gal. No citado sitio web tamén se crearán espazos específicos para as estruturas locais da FOGA, tras a autorización da Dirección Nacional .

O enderezo electrónico para os efectos de notificacións por vía telemática é fogagaliza@gmail.com.

CAPÍTULO SEXTO
DISOLUCIÓN DO PARTIDO

Artigo 1: Disolución

O partido disolverase ou extinguirase por decisión de dous terzos da asemblea xeral de afiliados/as.

O patrimonio resultante no momento da disolución, unha vez satisfeitas as obrigas financeiras que puidesen existir, destinarase a ( asociacións de carácter benéfico ou social, outro partido, etc….)

Artigo 2: Patrimonio

Forma parte do patrimonio os seguintes bens: Carece de patrimonio fundacional

CAPÍTULOS OPTATIVOS
DISPOSICIÓNS ADICCIONAIS TRANSITORIAS

Artigo 1: Reforma dos Estatutos

A modificación dos presentes estatutos será de competencia da Asemblea Xeral, adoptándose o acordo na forma establecida en dous terzos.