Obxectivos

OBXECTIVOS ESENCIAIS

Recollendo do patrimonio común aquelas ideas forza máis reveladoras da nosa razón de ser como organización política, explicitamos como obxectivos da Fronte Obreira Galega os seguintes:uelas ideas forza máis reveladoras da nosa razón de ser como organización política, explicitamos como obxectivos da Fronte Obreira Galega os seguintes:

A mellora progresiva xeral, individual e colectiva dos intereses das traballadoras e traballadores, da propia organización e do conxunto da sociedade galega, das condicións laborais e da calidade de vida.

A profundización democrática e social constante cara a achegarnos a unha sociedade máis xusta e máis humana, sen explotación económica nin opresión política, calquera que sexan as formas en que esta se manifeste. Por iso pretendemos a superación do sistema capitalista e a construción do socialismo.

O pleno exercicio de todos os dereitos humanos, individuais e sociais, sen discriminación, incluído o da Autodeterminación.

Promovermos o máximo respecto á dignidade humana, a paz, a democracia, a xustiza social e a igualdade, a aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos atraveso da acción colectiva da clase traballadora. Fomentarmos a solidariedade internacional, o bo entendemento e a boa vontade universais, o antimilitarismo, a solución pacifica dos conflitos, o desarmamento e a reconversión da industria militar en civil, así como unha nova orde internacional xusta.

Esixirmos a utilización pacifica, racional e ao servizo de toda a humanidade dos avances científicos e tecnolóxicos, impulsarmos modelos produtivos enerxéticos fundamentados ecoloxicamente .

Loitarmos contra toda a forma de racismo, xenofobia, ou prexuízo e discriminación na sociedade en razón de sexo, estado civil, enfermidade idade, lingua, relixión, opinión pública, opción social, sexual, posición social ou económica, orixe étnica, nacional ou cultural.

Impulsarmos a participación socio política e a inserción laboral e profesional das mulleres e mocidade na sociedade, asegurando a igualdade de oportunidades e a ausencia de discriminación.

Fomentarmos a organización e a solidariedade e o apoio mutuo como mecanismo de defensa dos intereses da clase obreira.

Promovermos as estruturas e accións necesarias para a plena integración na sociedade os grupos máis desfavorecidos, co obxecto de eliminarmos as bolsas de extrema pobreza e marxinalidade, combatendo as causas que as producen.

Pularmos pola completa normalización lingüística do idioma propio de Galiza.